Galicia en Común reclama o cese da actividade de marisqueo

Galicia de Común-Anova Mareas, reclamou hoxe ao Goberno de Alberto Núñez Feijóo que declare sen demora o peche da actividade do marisqueo a pé, atendendo ao decreto de Estado de alarma, para que o colectivo de traballadores do sector poida optar a axudas públicas mentres dure a crise sanitaria e socioeconómica derivada da epidemia de Covid-19.

O peche do sector hosteleiro como vía principal da comercialización do marisco,  provoca unha reducción importante na venta e ingresos deste colectivo.

O voceiro da coalición urxíu á Xunta a que declare xa o peche da actividade para que as mariscadoras poidan acceder ás prestacións e axudas públicas decretadas para outros colectivos de traballadoras. Gómez-Reino reiterou así a petición que lle trasladara o pasado domingo a Alberto Núñez Feijóo na xuntanza telemática mantida co resto de voceiras das forzas políticas galegas.

“A situación é moi delicada e mesmo extrema para moitas familias na ría de Arousa, A Coruña, Ferrol e outras zonas costeiras de Galicia”. Mulleres de entre 50 e 60 anos, sen fillos ao cargo, vense na obriga de ir a mariscar para non perder o Permex. “Pero non hai saída para o seu produto nin protección nos puntos de control”, subliñou Gómez Reino.

Relacionados