Esquerda Unida considera que houbo presunto trato de favor, algo que semella evidente segundo os datos existentes, pois a reclasificación situou a parcela cunha edificaliade máis do dobre que os terreos colindantes, 1,16 contra 0,5 m/m2. Ademais liberouse a parcela de cesións de solo ao concello para a instalación de sistemas xerais e da obriga de reservar o 20% de vivendas para promoción pública. Acción esta última que amosa ben as claras como o concello sacrifica o benestar da cidadanía coruñesa, reducindo o número de vivendas asequibles, en favor dos intereses especulativos do gran capital.
Asemade, a tramitación do proxecto urbanístico sen a elaboración dun plan parcial, amosa ben as claras, segundo o Consello Comarcal de EU Coruña, o intento do concello de agachar a reclasificación, pois exímese así da obriga de solicitar informes as Administacións competentes, que por outra parte de seguro poñerían de manifesto a falta de infraestruturas e servizos necesarios para constituír un polígono urbanístico.
A falta de transparencia do Goberno municipal queda patente na ausencia de resposta do concello á alegación presentada no seu día por un veciño, quen interpuxo unha segunda alegación diante do recente Plan Xeral de Ordenación Territorial, por incluír esta “escura reclasificación”. O concello nun macabro xogo administrativo respondeu de maneira abstracta nun só escrito as dúas alegacións coa intención de agachar o anterior silencio e na procura de dilatar e obstaculizar o proceso. Diante desta actuación escurantista, EU Coruña esixe explicacións ao Goberno coruñés.
Por outra banda, o Consello Comarcal de EU Coruña reprocha a postura hipócrita do BNG que no 2006 opoñerase a reclasificación calificándola de “trato de favor” e agora que está no goberno municipal mira para outra parte sendo cómplice no silencio a pesares de ostentar a responsabilidade da concellería.