Este ensanchamento permitiría ó camión do lixo realizar a recollida dos residuos orgánicos a máis dunha veintena de vivendas que a día de hoxe siguen a ter que recorrer unha distancia considerable para poder acceder ó servicio.
Esta situación que se arrastran dende tempos remotos entendemos que chegou o momento de darlle unha solución, dada a cantidade de vivendas que se construiron nesa zona. E que mantén unha situación distorsionada dado que a alguns veciños se lles cobra o servicio de recollida de lixo e a outros non.
Tamén plantexamos que na zona do Coruto cara á zona das Escadas se coloquen contenedores de lixo, papel, vidro e plásticos dado que hai espacio suficiente para que o camión do lixo maniobre. A estas alturas xa hai casas dabondo para que se preste un servicio básico como a recollida de residuos.