Recollida sinaturas prorroga Aqualia

 

Esquerda Unida considera imprescindible que a cidadanía opine e de acordo co Regulamento de participación cidadá recollerá sinaturas equivalente ao 8% do censo de Vigo para que O Concello decida someter á votación a prórroga.

 

ESQUERDA UNIDA acompaña a recollida de sinaturas co reparto de 10.000 pasquíns informativos sobre a necesidade de remunicipalizar o servicio de augas que, privatizado nos anos 90, amosa un encarecemento evidente en canto a precios e sostenibilidade.

 

EU informará a cidadanía que existen alternativas públicas na xestión da auga, alternativas que cidades como París teñen artellado ao detectar que a xestión privada da auga encareceu o servicio nun 25%. Para EU o caso de Vigo é paradigmático xa que os vigueses e viguesas pagamos 30 metros cúbicos de augas aínda que non os consumamos.

 

 

 

EU DA COMEZO Á RECOLLIDA DE SINATURAS CUNHA MESA O VINDEIRO VENRES 20 DE XANEIRO NA PRAZA DE AMÉRICA (DIANTE DO IES SANTA IRENE) NA QUE PARTICIPARÁN ENTRE 17:00 E 17:30:

 

RUBÉN PÉREZ: Coordenador local de ESQUERDA UNIDA en Vigo

EVA SOLLA: Responsable de Organización local de EU en Vigo

Relacionados