Recorte das pensións

Esquerda Unida denuncia que os recortes das pensións ademais de detraer cartos para pagar a débeda ás entidades financeiras, buscan favorecer o sistema privado de pensións. O PP a través dunhas reformas que suporían recortar o gasto en pensións, pois as súas pretensións son acadar un gasto do 4,8% do PIB no ano 2019, cando a media europea anda por un 13%.

Como consecuencia, a aplicación desta reforma implicará que o poder adquisitivo dos pensionistas verase reducido entre un 14,8 e un 28,3% nos vindeiros 15 anos. En definitiva, a suma das reformas que fixo o PSOE (pasar dos 65 aos 67 anos de xubilación, modificar as condicións de cotización), sumadas ás do PP (caída pensión inicial + revalorización), supoñen un auténtico roubo aos pensionistas.

Por este motivo, o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes presenta unha moción para que o Pleno do Concello inste aos poderes públicos a que rexeiten a nova Lei de Pensións. O seu escrito busca que:

Primeiro.- O pleno do Concello da Coruña rexeite á reforma prevista das pensión polo goberno do Estado.

Segundo.- O pleno do Concello da Coruña aposte pola consolidación, reforzamento e mellora do actual sistema de pensións,  que o faga máis solidario.

Terceiro.- Trasladar ás Cortes Xerais e ao Goberno do Estado deste acordo plenario.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o sistema de pensión é totalmente viable. O problema está no galopante desemprego, na caída dos soldos e na concentración da renda, que promove o PP”. A curto prazo é evidente que as pensións precisan incrementar as cotizacións, pero máis que pensar en recortar pensións, hai que apostar por incrementar os ingresos destinados a este fin, a través por exemplo da modificación da Política de Ingresos destinados á Seguridade Social.

Relacionados