Recorte de servizos no Ventorrillo

No momento de crise actual se pode constatar esta desertización observando a cantidade de locais valeiros no centro da cidade, pero a xente dos barrios xa viña notando e denunciando dende fai anos a desaparición da dotación de tendas e supermercados de barrio sen que os sucesivos gobernos do PSOE e o bipartito fixeran outra cousa que afondar na promoción de Dolce Vitas, Espazos Coruña e Marinedas Cities, favorecendo a acumulación de grandes fortunas en mans de uns poucos en lugar de loitar polos intereses da maioría social de familias traballadoras, e sendo os causantes dos problemas e non os protagonistas das solucións.

A estas políticas dos gobernos municipais do PSOE e do bipartito súmanse, no caso do Ventorrillo, os problemas provocados pola inacción dos devanditos gobernos no problema do asentamento chabolista de Penamoa, que durante anos socavou a imaxe do barrio acelerando e intensificando a desaparición de tendas e pequenos negocios.

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os Verdes levará unha pregunta no próximo pleno ordinario para saber se o Goberno Municipal pensa levar a cabo as accións necesarias para que o barrio do Ventorrillo recupere a dotación de dúas farmacias das que gozaba fai poucos anos. Un dos síntomas máis significativos do proceso de desertización é a desaparición dunha das dúas farmacias das que dispoñía o barrio do Ventorrillo. Como é ben sabido a venda de medicamentos é un sector cerrado á competencia, no que o número de puntos de venda é proporcional a poboación, e aínda así o deterioro da situación do barrio do Ventorrillo obrigou a unha das farmacias a pechar.

Para Esquerda Unida é imprescindible que o Concello loite por recuperar os barrios historicamente máis perxudicados e abandoados e que dispón de menos infraestructura e dotación comercial.

 

Relacionados