Non somos profetas e non sabemos o que acordaran os axentes sociais na Comisión do Pacto de Toledo, Congreso dos Deputados, nas posibles modificacións.
Para Esquerda Unida esta proposta é un atentado brutal a tódolos homes e mulleres que traballan, é unha proposta innecesaria e desproporcionada.
Non sabemos cal é a causa de tal aberración, pensamos que algo de culpa a tenhen os sindicatos pola súa debilidade e mirar cara o sol. Os homes e mulleres están ameazados co paro e non se atreven a mobilizarse contra un posible despido, e os empresarios ante a pasividade dos sindicatos e traballadores, están facendo o seu agosto con despidos improcedentes e recortes nos dereitos adquiridos polos traballadores.
Dende Esquerda Unida décimos que O Ministerio de Traballo como as Autonomías deixen de aprobar Expedientes de Regulación de Emprego, creemos que é necesario pasar a unha xornada de traballo de 35 horas.
¿Cando escoitaremos unha proposta de reparto de traballo, cambio mais austero de forma de vida?.
Non entendemos como non tenhen dinheiro para as xubilacións e o Goberno nos últimos anos reduciron os impostos e cotizacións aos empresarios. Os traballadores unha vez mais pagaremos o pato, e a crises e culpa dos Banqueiros e Gobernos que permitiron esta crise. ¿Por qué non existe control do capital? ¿Esta crise foi provocada polos grandes financeiros?
Non entendemos a subida de impostos como o IVA creemos que terá graves consecuencias para o mundo laboral e cidadanía.
¿PASAREMOS DOS 5 MILLÓNS DE PARADOS? Dende Esquerda Unida do Baixo Minho creemos que si.
O PSOE ANIQUILA POR TERCEIRA VEZ OS DEREITOS LABORAIS, co visto bo do PP, e partidos nacionalistas, e os empresarios aplauden e din que non se responsabilizan da crise. Como din os sabios se Pablo Iglesias levantara a cabeza outro galo cantaría.
TABALLADORES, TRABALLADORAS:
O LÓXICO, É PREPARAR UNHA FOLGA XERAL.