Recorte ideolóxico do COF

Esquerda Unida considera que o no mesmo día internacional da muller o PP deixa ao descuberto o carácter ideolóxico do recorte no Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo, onde a Xunta decidiu non cubrir a praza do xinecólogo que se xubilou e que de facto ven a supoñer o seu peche, supón un gravísimo ataque aos dereitos das mulleres.Unha actuación que provocará o incremento de cancro xinecolóxico e de mama das coruñesas, debido a que un único COF, o de Orillamar, terá que levar a anticoncepción de 37 concellos con máis de 152.000 mulleres en idade fértil e iso sen contar aos homes que queren solicitar unha vasectomía. Situación que imposibilita absorber esta área de poboación tan extensa, polo que será imposible levar a cabo coa periocidade mínima necesaria as revisións xinecolóxicas periódicas, que son unha das medidas de prevención do cancro de mama e xinecolóxico, ademais doutras enfermidades xinecolóxicas. Basta con indicar que o COF de Orillamar, antes de ter que absorber aos usuarios do COF do Ventorrillo estaba a dar cita para as revisións xinecolóxicas para marzo doa no 2014.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “mentres a Xunta malgasta cartos en publicidade institucional relacionada co 8 de marzo, deixa esmorecer o COF do ventorrillo por non incomporar un xinecólogo precarizando os servizos en materia de saúde sexual e reprodutiva”, até o punto de que na actualidade o servizo de planificación familiar coruñés, que dispón de dúas unidades, está a atender unha ratío de poboación que cuadriplica os valores recomendados polos organismos internacionais que establecen unha ratio de entre 25.000-40.000 mulleres entre 13 e 54 anos por unidade asistencial. No debate da Comisión de Sanidade a Xunta amosa o seu corte machista en resposta á pregunta oral de AGE presentada a instancias do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes na Coruña. Durante o debate o PP escusándose en que mudou a realidade demografía porque agora as mulleres teñen menos fillos, insinuando así que os COF non son necesarios, obviando que a maternidade non é o único aspecto  da xinecoloxía. Esta postura de agardar mentres se reflexiona amosa que o PP non considera importante este servizo ás mulleres, o que demostra o seu corte machista.

Relacionados