Recortes do 73% en educación

Santiago de Compostela, 19 marzo de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda presentará unha serie de iniciativas parlamentarias para esixir ao goberno galego que garanta a suficiencia financieira dos centros educativos do noso país. Os deputados Xabier Ron e Ramón Vázquez lamentan que a única preocupación do PP sexa afogar aínda máis o sistema educativo público con continuos recortes como o “brutal” recorte nos gastos correntes a centros que foron previsores para poder chegar até marzo e facer fronte aos seus gastos.

Éstos recortes en moitos casos suporá deixar sen apenas recursos aos centros xa que o pago de gasoil para calefacción supera xa nalgúns colexios os 10.000 euros. Trátase de gastos nos que non se pode reducir aínda máis a non ser que a idea do conselleiro de Educación sexa que non podan ter nin tan sequera calefacción nos colexios públicos. Os recortes en gasto corrente sitúanse entre o 20 e o 45 por cento en relación co recibido o ano pasado que xa sufrira unha importante baixada e nalgúns centros como o de Navia de Suarna supera o 55 por cento ou do 73 por cento no caso Carballeda de Valdeorras, algo que Alternativa Galega de Esquerda considera inaceptábel.

Mentres o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, anuncia recortes nos gastos correntes e repago en comedores escolares para os centros públicos, para o sistema educativo privado todo o contrario. Seguen a medrar o número de concertos con centros privados aos que se destinan máis 237 millóns de euros, dos cales 3 millóns de euros anuais van parar a centros que segregan en función do sexo pese a ter xa unha sentenza do TSXG contraria a estes concertos.

A finalidade do PP non é outro que asfixiar o sistema educativo público tal e como demostran todas as medidas que están a adoptar, unha meta que de seguir por este camiño sen dúbida conseguirán en non moito tempo, tirado por terra o construído nos últimos 30 anos. Baixo o pretexto da chamada liberdade de elección de centros para as familias “o que se pretende é que lle saia gratis o o colexio privado a uns cantos, mentres para os outros queda unha escola deficitaria, masificada ou despoboada segundo o caso, sen recursos e deteriorada”.

Relacionados