Recortes en Asfredo

 

Situación que está a producir despedimentos e merma na asistencia, en particular no eido da prevención. O despedimento de 3 dos 4 traballadores que prestan atención no eido da prevención deixa ás claras cal é a política da Xunta: pór en risco a prestación dun servizo sociosanitario necesario na nosa cidade e que desenvolve dun xeito meritorio Asfedro.

 

A redución en preto de 80.000 euros decretada pola Consellaría de Sanidade compromete de maneira total as políticas de prevención que se desenvolven nesta institución da cidade ( gañadora da distinción de ferrolán do ano, en atención ao seu labor sociosanitaria). Os recortes deixan orfa a atención en materia de prevención, que supón a mellor ferramenta cara o futuro e as novas xeracións.

 

A nosa organización quere advertir do inminente risco de desaparición do servizo de asistencia en horario de tarde a causa das novas reducións orzamentarias decretadas pola Xunta ( xa dun 2,5%, que se podería ampliar ate un 6% ), o que produciría de inmediato novos despedimentos e o peche do servizo a partires das 15:00 horas. Agora o servizo préstase ate as 21:00 horas. As intencións da Xunta suporían na práctica un severo prexuízo os obxectivos marcados no Plan Autonómico de Drogas.

 

Esquerda Unida reclama da alcaldía unha acción mediadora diante da Xunta de Galicia para reparar este recorte que fire unha prestación necesaria e supón perda de emprego na nosa cidade.

Relacionados