Santiago de Compostela, 28 de febreiro de 2013.- Alternativa Galega de Esquerda (AGE) chama á cidadanía a participar, mañá ás seis da tarde en Vilagarcía de Arousa na protesta convocada polos traballadores do Servizo de Prevención da Drogodependencia. E faino porque, como xa amosou no debate sobre os Orzamentos da Xunta para 2013, o brutal recorte en prevención da drogodependencia suporá, en realidade, máis gasto. É que, segundo AGE, a prevención é investir no futuro. Por iso considera necesario saír á rúa, como farán mañá os empregados de Prevención de Drogodependencia de Vilagarcía.