Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal recortou o investimento en servizos sociais nun 23%. Comparando as contas xerais de 2011 e 2012 observamos unha redución de 5,6 millóns de euros. E dicir que os recortes se fixeron a consta da calidade de vida dos coruñeses e coruñesas e non so en “canapés e coches oficiais”, como defendeu o PP nos orzamentos de 2013. Dende o ano 2011 o investimento en servizos sociais sofre un forte recorte, que se ben aparece recollido principalmente no apartado de “administración xeral de servizos sociais” afectou a tódolos servizos prestados polo concello e camuflouse mantendo as mesmas partidas contables pero deixouse sentir en colas que se alargan, queixas dos técnicos e usuarios, atención dos casos nos pasillos… A triste realidade sen embargo é que o orzamento dos servizos sociais é un terzo menor que hai dous anos, ou que a partida de financiamento sanitario (63.000 €) sexa inferior que a adicada ao concerto do día da Batalla Naval.
O grupo municipal Esquerda Unida – Os Verdes denuncia que apesares da actual situación de emerxencia social o goberno local incrementa os gastos en festexos un 26% ata acadar case a metade do orzamento en servizos sociais. As falsas promesas do PP falan dos orzamentos máis sociais da historia, pero non resisten nin tan sequera a comparación co investimento real no último ano do bipartito, cando a crise non acadara o seu máximo e EU xa esixía maior compromiso no gasto social. Mentres case calquera demanda de investimento social desestimase alegando “criterios de prioridade e dispoñibilidade presupostaria”, a dotación para a organización de espectáculos e contratación de artistas recibe coa derradeira modificación de crédito un gran reforzo, logo duns orzamentos caracterizados polo enorme gasto en festexos e un primeiro modificativo no que a cuarta parte do importe, 2,2 millóns, adícase a festexos e turismo. Este aumento por moito que o PP coruñés o vista de “plan de dinamización social e económica da cidade” enmárcase na política de obras para as grandes promotoras e circo para os demais e amosa con claridade a política dun goberno municipal carente de ideas, que so sabe gastar en espectáculos, renovar firmes e facer campañas de turismo.
O voceiro de EU-V, César Santiso, rexeita a sobredimensión do orzamento de espectáculos e afirma que: “un entorno de ensueño musical non resolverá os graves problemas sociais nin afogará a voz das familias condenadas pola crise e a mala xestión”, en clara alusión ás palabras do IMCE respecto a cabalgata de reis de 2014, que recordemos que terá un custe un 160% maior que en 2011.