Recortes ensino novas tecnoloxías

 

A educación pública e un dos fundamentos do estado social de dereito que se consagra na nosa Constitución e que permite que haxa un equilibrio de oportunidades de desenvolvemento social, económico e persoal que non só dependa do nivel económico da familia na que un naza.

 

Esquerda Unida denuncia que o Goberno municipal está a aplicar recortes no ensino público. Fomentando a desigualdade de oportunidades e coartando o dereito a unha educación de calidade para os fillos das familias traballadores

 

Por outra banda, o nivel educativo que lle proporcionemos hoxe aos nosos cativos corresponderase co nivel de competitividade que terá mañá a nosa economía. E dentro dos obxectivos da educación, hoxe en día cobra especial importancia o ensino das novas tecnoloxías, que xa son e o serán máis no futuro o motor do crecemento económico dos países máis avanzados.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes alerta de que o Goberno do PP está a reducir nun 36% nas partidas correspondentes a “contratos da rede informática dos centros escolares” encadrados dentro dos Servicios Complementarios á Educación que viña prestando o Concello. No 2011 a cantidade orzamentada no concepto económico 22745 era de 171.075 euros e co actual Goberno municipal pasa a ser de 109.469 euros.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o concello está a cometer un grave erro político, reducindo o investimento en novas tecnoloxías da información, base fundamental para cambiar o modelo produtivo”.

 

O goberno municipal falaba cando era oposición de crear emprego e non malgastar, recortando os gastos superfluos. Vemos que as accións de goberno non responden ao seu anterior discurso, xa que este recorte se une o que sufriu a partida de obras de reposición nos colexios públicos que tamén diminuíu nun 52% como xa denunciou Esquerda Unida – Os Verdes en días pasados.

 

Relacionados