Recortes na loita contra o SIDA

 

No caso da Coruña supón unha redución de máis do 40% que significa que tan so dúas das seis asociacións demandantes reciben fondos para unha tarefa humanitaria de primeira necesidade.

 

Esquerda Unida denuncia que os recortes da Xunta nas subvencións para a prevención do SIDA benefician as compañías farmacéuticas.

 

Non debemos esquecer que gracias ao traballo destas asociacións a incidencia do SIDA en Galicia é de 74 casos por millón de habitantes, moi por debaixo dos 91 casos por millón de habitantes da media española.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera unha falacia que a Xunta de Galicia xustifique este recorte social por mor da crise, xa que en termos económicos manter as subvencións resulta máis rendíbel.

 

O custe medio anual en medicamentos por paciente e de 6.000 € e a esperanza de vida estímase en 20 anos, o que ben as supoñer un costo de 120.000 € por enfermo. Así pois, cada vez que estas asociacións evitan un só contaxio aforran ao sistema de saúde máis cartos que os que a Xunta lles nega, xa que o importe do recorte para toda Galiza ascende a 106.000 €.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, declarou “con estes recortes a Xunta logrará que a cantidade de enfermos de VIH aumente, co custo humano e económico que elo supón. Isto non é austeridade é sacrificar vidas humanas para engordar os petos das compañías farmacéuticas. Logo ao noso alcalde enchese a boca afirmando que o PP non realiza recortes sociais, que é incluso máis social que outros partidos progresistas”.

 

Por iso Santiso indicou “Unha vez máis o PP demostra o seu carácter antisocial e a súa descarada aposta a favor de seguir beneficiando, aos de sempre, ao grande capital”.

Relacionados