Recortes na xustiza

O sindicato de Comisións Obreiras celebra mañá en Vigo, un debate sobre a lei de taxas xudiciais no que participará a coordinadora nacional de Esquerda Unida e deputada de AGE Yolanda Díaz.

A subida xeralizada das taxas xudiciais, supón unha barreira que impide o acceso á xustiza da maioría da sociedade. A aplicación das taxas fixadas no Proxecto de Ley traerá como consecuencia que a cidadanía deixe de acudir aos tribunais para dirimir os seus conflictos, que afectarán sobre todo a aqueles de menor contía. Esta imposición é un exemplo máis que profundiza nas desigualdades que este goberno está a provocar entre a cidadanía.

Esquerda Unida considera que o goberno unha vez máis quere facer á cidadanía resposable da sobresaturación do servizo público de xustiza. A aplicación de taxas abusivas, ademais de privarnos dun dereito que queda supeditado ao poder adquisitivo de cada quen, é unha continuación da política de recortes aplicada por este Goberno. Destruir os servizos públicos, é a prioridade dun goberno antisocial que só goberna para os que teñen, para os ricos e para os poderosos

 

Relacionados