Recortes axudas comedor escolar

 

Con todo, o Goberno municipal no modificativo de crédito aprobado coa abstención de EU-V, simplemente incrementou a partida para axudas de comedor escolar ata igualala á do ano anterior.

 

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que conxelar as axudas de comedor escolar cando se produce un incremento da demanda do 19% significa un recorte social, por iso solicita ao Goberno coruñés que aumente as becas nos comedores escolares para adecualas ao incremento da demanda, e así paliar as posibilidades de que máis familias coruñesas entren en risco de exclusión social por mor da crise, algo que na actualidade sucede con máis do 10% da poboación da nosa cidade.

 

 

Neste sentido, César Santiso, voceiro de EU-V, indicou “O alcalde está a incumprir as súas promesas electorais, aseguraba que incrementaría as axudas sociais, pero a realidade amósanos que as está a recortar”.

 

 

César Santiso coincidiu co presidente da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos de Colexios Públicos, Virgilio Gantés e indicou “é inaceptábel aplicar recortes sociais, pero facelo en tempos de crise é inmoral, se pode apertar o cinto en outras moitas cousas como en salarios e directores de área pero nunca en servizos básicos demandados polos máis necesitados.

 

 

Santiso finalmente saudou a labor que está a desenvolver a federación e considerou un éxito a negociación levada a cabo para conseguir reducir nun 11% o custe do servizo de comedor, situándoo en 87 euros por rapaz ao mes. “Iso si que é eficacia e capacidade de negociación, que tome nota o Goberno local”.

Relacionados