O azar fai que no día da muller se debata no Parlamento de Galicia sobre o recorte no Centro de Orientación Familiar do Ventorrillo. Unha actuación que provocará o incremento de cancro xinecolóxico e de mama das coruñesas, debido a que un único COF, o de Orillamar, terá que levar a anticoncepción de 37 concellos con máis de 152.000 mulleres en idade fértil e iso sen contar aos homes que queren solicitar unha vasectomía. Situación que imposibilita absorber esta área de poboación tan extensa, polo que será imposible levar a cabo coa periocidade mínima necesaria as revisións xinecolóxicas periódicas, que son unha das medidas de prevención do cancro de mama e xinecolóxico, ademais doutras enfermidades xinecolóxicas. Basta con indicar que o COF de Orillamar, antes de ter que absorber aos usuarios do COF do Ventorrillo estaba a dar cita para as revisións xinecolóxicas para marzo doa no 2014.
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “mentres a Xunta malgasta cartos en publicidade institucional relacionada co 8 de marzo, deixa esmorecer o COF do ventorrillo por non incomporar un xinecólogo precarizando os servizos en materia de saúde sexual e reprodutiva”, até o punto de que na actualidade o servizo de planificación familiar coruñés, que dispón de dúas unidades, está a atender unha ratío de poboación que cuadriplica os valores recomendados polos organismos internacionais que establecen unha ratio de entre 25.000-40.000 mulleres entre 13 e 54 anos por unidade asistencial.
O debate será na Comisión de Sanidade grazas a unha pregunta oral de AGE presentada a instancias do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes na Coruña para coñecer as medidas que ten pensado desenvolver a Xunta para garantir os ráteos facultativos no COF da coruña. Concretamente:
Que medidas vai desenvolver o goberno da Xunta de Galicia para garantir as mesmas ráteos, facultativos e a prestación do servizo público en materia de saúde sexual e reprodutiva ás cidadás da área de influencia dos centros COF de A Coruña?
Asemade, está pendente de debate no Pleno do Parlamento galego unha interpelación que contén unha batería de tres preguntas para coñecer tamén os recursos ecónomicos que achegará a Xunta para o 2013, e se insta a creación dun plan galego de fortalecamento da atención sanitaria pública en materia de saúde sexual e reprodutiva.