Recortes no COF

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que a decisión da Xunta de non cubrir a xubiliación do único xinecólogo do COF do Ventorrillo responde a súa intencion de pechar o centro apesares de que os COF da Coruña atenden a unha poboación próxima ao dobre da ratio de poboación recomendada polos organismos internacionais. Efectivamente mentres se recomenda unha ratio de entre 25.000-40.000 mulleres entre 13 e 54 anos por unidade asistencial, o centro de planificación familiar do Ventorrillo, que dispoñía unha unidade que agora desaparece por mor de non cubrir a xubilación do xinecólogo, atendía a 32 concellos (Abegondo, Aranga, Arteixo, Bergondo, Betanzos, Camariñas, Cabana, Carballo, Cee, Cerceda, Cesuas, Coirós, Corcubión, Coristanco, Culleredo, Curtis, Dumbría, Fisrerra, Irixoa, Laracha, Laxe, Malpica, Miño, Muxía, Oza dous Ríos, Paderne, Ponteceso, Sobrado dous Monxes, Vilamaior, Vilasantar, Vimianzo e Zas) cunha poboación de 90.834 mulleres entre 15 e 54 anos segundo os datos do Instituto Galego de Estatística (IGE) do ano 2011. Mentres que o de Orillamar atendía con dous xinecólogos aos concellos de A Coruña, Oleiros, Sada, Cambre e Carral, cun total de 90.834 mulleres.

Esquerda Unida considera que a Xunta está a demostrar coas súas actuacións que os recortes en sanidade matan, nesta ocasión promovendo o incremento de cancro xinecolóxico e de mama na comarca coruñesa debido as súas políticas de recortes, porque ao non substituír a xubilación do xinecólogo do COF do Ventorrillo, desde este mes de xaneiro o COF de Orillamar ten que levar a anticoncepción de 37 concellos con máis de 152.000 mulleres en idade fértil e iso sen contar aos homes que queren solicitar unha vasectomía. Situación que imposibilita absorber esta área de poboación tan extensa, non se pode levar a cabo coa periocidade mínima necesaria as revisións xinecolóxicas periódicas, que son unha das medidas de prevención do cancro de mama e xinecolóxico, ademais doutras enfermidades xinecolóxicas. Basta con indicar que o COF de Orillamar, antes de ter que absorber aos usuarios do COF do Ventorrillo estaba a dar cita para as revisións xinecolóxicas para marzo doa no 2014. 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “con dous xinecólogos para 153.000 mulleres en idade fértil é fácil comprender que non se poden atender en tempo as necesidades da cidadanía en canto a instauración de métodos anticonceptivos nin tampouco as revisións post-aborto, tampouco será posible atender coa inmediatez necesaria os posibles efectos secundarios e complicacións dos métodos anticonceptivos.

Relacionados