Recortes programa madrugadores

 

A devandita iniciativa permite unha mellor conciliación da vida familiar, persoal e laboral da veciñanza, converténdose nun auténtico “salvavidas” para moitas familias coruñesas.

 

Esquerda Unida considera que o Goberno municipal recorta os mecanismos de conciliación laboral das familias traballadoras, unha vez máis atopámonos diante dunha contradición entre o que di o PP nas campañas  electorais e o que fai logo cando ostenta o poder. Durante os períodos electorais, a os dirixentes do Partido Popular se lles enche a boca de afirmacións a prol da natalidade e da familia, mais a realidade indica que cando gobernan recortan os poucos programas públicos de apoio ás familias traballadoras con fillos, como ocorre neste caso.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes critica a diminución nun 27% da partida orzamentaria dedicada ao programa madrugadores, como pódese observar no concepto presupostario 22733 “Contrato de Xestión do Programa Madrugadores”  dos orzamentos municipais para o ano 2012, aprobados inicialmente grazas aos votos favorábeis do PP e á abstención do PSOE.

 

En Esquerda Unida – Os Verdes consideramos que a conciliación da vida familiar e laboral é un dereito de todos os cidadáns, que debe ser promovido polas administracións públicas como parte das súas políticas de apoio e fomento da natalidade. A diminución desde os 28.000 euros do 2011 ata os 20.500 euros do 2012 na dotación do programa Madrugadores é unha mostra de que a política de feitos do Goberno municipal do Partido Popular vai no sentido contrario, prexudicando a calidade de vida das familias traballadoras coruñesas con fillos.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Goberno do PP, coa complicidade do PSOE, en lugar de apostar polos servizos a cidadanía para xerar emprego e cambiar o modelo produtivo, os recorta”

Relacionados