A deputada de AGE, Eva Solla denuncia o ataque sistemático e continuado do goberno da Xunta contra os dereitos dos traballadores. Nesta ocasión é a conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, a que coas súas insinuación nos medios de comunicación nas que deixa entrever xa a súa intención de recortar aínda máis os salarios dos profesionais do Sergas alegando que non poden cobrar todos igual.
Desde Alternativa Galega de Esquerda manifestan unha vez máis a súa rotunda oposición as políticas agresoras do PP contra a cidadanía e os traballadoras e traballadores do noso país buscando acabar con dereitos alcanzados grazas á loita social.
Eva Solla, destacou que este tipo de conceptos de incentivos/recortes é propio da empresa privada e non da pública que se debe basear en conceptos de igualdade e no que a “inclusión de termos subxectivos pode resultar moi perigoso”. Así mesmo, a xustificación aportada pola conselleira dicindo que “non pode cobrar o mesmo quen chega as 8 que o que chega as 9” choca coa votación do grupo do Partido Popular na comisión de Sanidade na que se negaron a apoiar unha proposta de AGE na que se instaba a negar a compatibilidade do traballo na pública e na privada, efectuado na maior parte dos casos, por persoal médico especialista con cargos de dirección de servizos nos hospitais galegos. Eva Solla destaca a falla de lóxica amosada por parte do PP que está a usar unha escusa para recortar máis os salarios e dereitos do groso dos e das profesionais sanitarios en troques de tomar medidas contar os que incumpren horarios e incompatibilidades”.
Desde AGE cuestionan tamén a causa real destas insinuacións por parte da conselleira de Sanidade, apuntando a posible intención da Xunta a obrigar ao persoal que se queira adscribir as Unidades de Xestión Clínica a renunciar aos seus dereitos como persoal estatutario ou que este novo recorte salarial sexa unha das medidas incluídas na Lei de Control de Calidade dos Servizos Públicos anunciada polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, no recente debate do estado da nación o que demostraría que o recorte de dereitos e condicións laborais para os traballadores e traballadoras é o que o Partido Popular entende por unha mellora da calidade dos servizos no noso país.