Recuperación ambiental do Río Baa: Parque Lineal

 

Este proxecto estaría enclavado nos proxectos non productivos de prioridade media, sendo a intensidade da axuda entre o 70% e o 40% de ser aprobado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A redacción do proxecto debe contemplar unha actuación integral de recuperación ambiental do Río Baa de modo que se poida  conectar todo o recorrido a través dun Parque Lineal que valorice o Río e a relación co seu entorno, convertíndose nun espacio de disfrute e xenerador de riqueza.

A redacción do proxecto debe contemplar ó noso entender: a limpeza xeral e o acondicionamento dos marxes do río, as posibles solucións de conexión da desembocadura con Beiramar, a posta en valor do lavadoiro, a previsión de utilización para fines didácticos da antiga fábrica da luz (hoxe en mans privadas) e a recuperación da lagoa que formaba a represa da fábrica, a desaparición das barreiras de todo tipo na zona de Boado que impiden seguir o cauce do río coa posibilidade de rehabilitación do antigo molino (hoxe en mans privadas) e o seu entorno.

En fin, o estudo e alternativas para a construcción dun Parque Lineal que avance propostas para superar os puntos negros existentes e valorice o patrimonio natural, arquitectónico e cultural que posee o río e as súas marxes.

Recordar que o GM de EU-IU ven insistindo dende o día 13 de abril na necesidade de que na comisión informativa correspondente se debatan os proxectos que imos presentar ó Programa Leader, atopándonos sempre coa mesma resposta: “na seguinte comisión, se debatirá”. Xa houbo varias seguintes comisións informativas e seguimos sin iniciar o debate.

Relacionados