Recuperar o agro da bisbarra

 

Si no 2010 A Coruña superaba o 10% de poboación en risco de exclusión social, na actualidade a situación volveuse moito máis grave, como amosa o feito que o banco de alimentos vise incrementada en máis dun 40% a demanda de veciños que precisan da súa axuda para poder alimentarse ou as axudas de emerxencia social incrementaranse nun 45%. Incluso xa se están a barallar datos oficiosos a nivel galego dun 20% de persoas en risco de exclusión social, e dicir un de cada cinco galegos atópase no limar da pobreza.

 

Mentres, os distintos gobernos do PP, central, Xunta de Concello, seguen a mirar para outro lado sen aplicar medidas que reactiven a economía, motivo polo cal Esquerda Unida propón que o Concello lidere un plan para reactivar o agro na bisbarra coruñesa que permita asegurar a soberanía alimentaria coruñesa. O devandito plan tería como misión principal habilitar un banco de terras mediante convenios cos concellos da bisbarra e con propietarios privados, dar soporte técnico e formación para desenvolver unha agricultura menos dependente do petróleo, así como artellar redes alternativas de distribución e comercialización que aseguren un prezo digno tanto para consumidores finais como para labregos e labregas.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes aposta por que se fomente a creación de cooperativas de desempregados que se dediquen a explotar mediante agricultura ecolóxica fincas improdutivas na bisbarra. Recuperando así, a riqueza agraria do campo galego que na actualidade atopase infrautilizado, para xerar emprego e promover a oferta de alimentos sans, sustentábeis, económicos e locais.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é unha magoa que a haxa xente que pasa fame e sufre a impotencia de non poder traballar, cando a meirande parte das fincas da bisbarra coruñesa atópanse improdutivas, os poderes públicos ten a obriga de buscar alternativas para facilitar o acceso a un traballo digno as máis de 23.000 persoas desempregadas na Coruña.

 

César Santiso indicou “está é unha proposta coherente e factíbel que xeraría emprego e riqueza local ao mesmo tempo que permitiría o aceso a alimentos baratos e de calidade á veciñanza, e todo isto con un mínimo investimento, espero que o Goberno municipal escoite a nosa proposta que melloraría a calidade de vida dos coruñeses e coruñesas”.

Relacionados