Recuperar o carril bus

 

Esquerda Unida denuncia que dende a chegada do PP a María Pita o déficit en mobilidade incrementouse de maneira alarmante apesares de que debido a crise moitas persoas deixan de utilizar os seus vehículos particulares.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera un total e absoluto fracaso as iniciativas desenvolvidas polo goberno municipal en relación coa mobilidade tanto a vía prioritaria como a policía de barrio. Así o plan de Policía de barrio proposta, en teoría polo PP, en lugar de incrementar a presenza policial tradúcese en que os axentes desaparezan da vista da veciñanza nas distintas estradas coruñesas incrementándose os problemas de circulación.


A devandita desaparición policial facilita que os lugares de carga e descarga sexan ocupados por persoas sen autorización, o que dificulta o traballo dos transportistas tal e como o colectivo ven denunciando en diferentes ocasións. Asemade, o incumprimento da tonelaxe dos camións e dos horarios de descarga dos supermercados, provoca que se produzan continuas descargas en dobre fila nos horarios de máxima densidade de tráfico. Esta falta de presencia policial obsérvase aínda máis no continuado incumprimento das normas como ocupacións de zonas minusválidos, pasos de peóns, estacionamentos coas catro rodas subidas na beirarrúa, dobres e triples filas, aparcamentos en curvas e rotondas, en rúas peonís, prazas, etc.

 

Por outra banda a vía prioritaria está supoñer un evidente incremento de tempo nos traxectos por parte do transporte público colectivo o que está a supoñer unha degradación da calidade dun servizo que xa era ineficiente a xuízo dos coruñeses e coruñesas como demostran diversas enquisas.


O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “propoñemos recuperar o carril bus nas vías principais así como reorganizar e ampliar o cadro de persoal da policía local para que poidan cubrir as demandas da cidade. Asemade apostamos por regular e controlar de maneira efectiva un horario de carga e descarga especifico para cada zona adaptado ás necesidades de comerciantes e veciñanza. Todas estas medidas serían de aplicación urxente na espera do desenvolvemento dun Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostíbel participado polos distintos axentes sociais a través do Consello de Mobilidade: veciñanza, ecoloxistas, especialistas en mobilidade, colexios técnicos como o de inxeñeiros ou o de arquitectos, empresarios, sindicatos, partidos políticos e outros axentes como a Plataforma pola mobilidade.

Relacionados