Recurso Fábrica de Lápis

 

E o faga no sentido de protexer un ben patrimonial e da memoria cidadá de Ferrol, asemade de situarse nun barrio catalogado como BIC.

 

A receptividade de do Director Xeral Patrimonio Cultural para cos argumentos esgrimidos pola formación política de esquerdas e ecoloxista supoñen unha pequena esperanza, unha última oportunidade para evitar demoler totalmente a estrutura da Fábrica de Lápis. Dende EU se insistiu no carácter tuitivo, de protección, que ten que xogar a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

 

Patrimonio Cultural comprometeuse a resolver con urxencia o recurso de alzada presentado por EU, para deste xeito clarificar a actual situación.

 

Esquerda Unida quere denunciar  a responsabilidade do actual Goberno Municipal  no derrubo en curso da Fábrica,  ao conceder unha licenza para derrubar o inmoble a toda velocidade, agochando tal decisión da luz e taquígrafos da Comisión informativa de Urbanismo. Exercicio de oscurantismo político que rende beneficios a un propietario privado contra os intereses xerais da cidadanía de Ferrol.

 

Esquerda Unida considera que se pechan oportunidades para Ferrol Vello e para o conxunto da cidade cedendo un espazo magnífico no xeográfico, patrimonial e no eido da memoria, para producir plusvalías privadas con vivendas libres. Unha cidade que quere ser patrimonio da humanidade ten que coidar sobremaneira aqueles fitos que a significan ao longo da historia. Vender a nosa historia e patrimonio a un cemento depredador pecha portas ao futuro.

 

Non se entende que cando todos os pronunciamentos  da comunidade académica e do mundo da cultura avalan a conservación da Fábrica ou dalgúns dos seus aspectos senlleiros, a resposta dos gobernos do PP sexa a da concesión exprés das licenzas e permisos e a indiferenza ao respeito do que faga a propiedade privada cun ben de indubidables repercusións públicas.

 

Esquerda Unida fixo tamén un chamamento a extremar o coidado e respecto a lexislación vixente no que atinxe a garantir o tratamento axeitado dos compostos que teñen fibrocemento, por estaren integrados polo asbesto. Asbestose e aluminose compoñen unha parella mortal e cómpre telo en conta antes de calquera actuación sinalaron os voceiros da formación de esquerdas e ecoloxista. “Entendemos que na procura dos permisos axeitados a empresa propietaria faría un ben á nosa cidadanía detendo momentáneamente o derrubo ate a pronta emisión por Patrimonio da Xunta da resolución do recurso presentado por  nós.”

Relacionados