Rede wifi

 

Esquerda Unida presentou ao Pleno do concello  de maio de 2009 unha moción na que formulabamos a idea da elaboración dun plan de instalación de rede wifi no concello de Ferrol, que facilite o acceso a este servizo a nosa veciñanza. Plan que contemplaba como primeira medida a dotación deste equipamento nas prazas públicas da nosa cidade, considerándoas nos de relacións sociais para a nosa cidadanía, afortalando a concepción pública e compartida dos espazos públicos cidadáns.

 

A nosa organización entende que a dotación gratuíta desta prestación polo concello supón unha oportunidade e un deber dun Goberno que se reclame de esquerdas, en tanto sirva para superar a chamada fenda dixital, isto é, a exclusión dunha parte da sociedade do acceso libre a este servizo.

 

As redes wifi constitúen un dos requisitos necesarios para desenvolver un concepto integral de modernización da administración local, que entre as súas características senlleiras ten o facilitar a relación e participación cidadá nas cuestións públicas.

 

A proposta da nosa organización coadxuva tamén, a medio e longo prazo, a economizar recursos das administracións públicas, do noso concello, porque con este sistema wifi se poden operar plans de eficiencia enerxética e telefónica nos difrentes ámbitos de actuación municipais.

 

O Grupo Municipal de EU demanda, xa que logo, do Goberno Municipal que faga efectivo este acordo plenario – nado a instancias de Esquerda Unida – e proceda a súa elaboración e posta en funcionamento de forma gradual segundo se recollía no acordo plenario, comezando polas prazas públicas da nosa cidade.

Relacionados