Redución de investimento

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes afirma que o goberno local actúa sen rumbo debido á falta de deseño na política económica, como amosa a rectificación con urxencia do orzamento debido a súa incapacidade para desenvolver orzamentos reais. Efectivamente asistimos estupefactos ao pasotismo en materia económica do PP que renuncia a atender as verdadeiras necesidades da cidadanía, asumindo nas propias contas municipais a súa incompetencia para aplicar políticas de estímulo a economía local e xeración de emprego, mentres repite as súas habituais e manidas políticas populistas do pan e circo.

Esquerda unida denuncia que o modificativo aprobado polo goberno municipal reduce signficativamente os investimentos na cidade. A propia intervención municipal alerta do descenso do investimento real neto de 1,8 millóns de euros. O PP co expediente de modificación de crédito, reduce entre outros o capítulo 6 por importe de 3.249.156 € para dotar o capítulo 4 de transferencias correntes con 5.482.898 € dedicados por unha banda a cubrir o déficit presupuestario relacionado coa subvención á Compañía de Tranvías, o que demostra con claridade como o PP presuposta de costas a realidade pois ten que dedicar 2,7 millóns para subvencionar o bus cando o número de pasaxeiros descendeu neste período. É dicir que o goberno municipal infradotou esta partida con alevosía nos orzamentos do 2013 nun claro fraude a veciñanza. Porque o presuposto non só se trata dunha obriga contable e xurídica, senón que ten un claro compoñente político onde deben quedar reflectidas as prioridades de gobernnaza. Así o PP amosa que non ten en conta as necesidades dos cidadáns e que reasigna o presuposto sen unha xustificación axeitada.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que ”esiximos transparencia, claridade e sinceridade na xestión dos recursos municipais como elementos básicos de hixiene administrativa”. Tanto as novas asignacións como as dotacións anuladas preocupan ao noso grupo e pediremos explicacións sobre o estado de compromiso das partidas modificadas polo risco de termos que pagar por riba indemnizacións. Solicitaremos os contratos que o Órgano de Contratación do concello pretende financiar en beneficio de tódolos coruñeses que é o obxectivo final de toda a xestión municipal.

Relacionados