Redución de persoal na sanidade

Isto remata repercutindo na nosa saúde, na prevención e tratamento das enfermidades, e no coidado dos enfermos.

Para a executiva nacional de Esquerda Unida a redución do persoal sanitario produce unha sobrecarga na actividade profesional e un deterioro da calidade asistencial. A diminución e consecuente sobrecarga de traballo prodúcese no conxunto e todo o sistema público de saúde, pero especialmente é notoria na provincia de A Coruña e Pontevedra. Este deterioro do servizo público de saúde deriva nunha xustificación da política privatizadora deste goberno antisocial.

Esquerda Unida denuncia o recorte anual de 500 traballadores na sanidade pública. O balance na xestión dos recursos humanos no sector sanitario é negativo. Nos últimos 3 anos de goberno de Feijóo a diminución do persoal sanitario supera o 2%, e o persoal non sanitario diminuíu máis dun 8%. A tendencia vai en aumento debido á non reposición do 90% do persoal das institucións o que supón que o sistema público de saúde vai perder 500 traballadores anuais.

Yolanda Díaz coordinadora e candidata á Xunta, considera que “ a diminución do persoal non sanitario débese ás privatizacións de servizos, consecuencia da incapacidade da Xunta de Galicia de xestionar o público con eficiencia e eficacia polo que ten que recorrer ao sector privado para suplir as súas carencias”. Esta manobra privatizadora non significa unha diminución de gasto, senón unha transferencia de gasto en persoal ás empresas privadas, como recentemente aconteceu co contrato de suministros de material a hospitais e centros de saúde.

En canto á licitación dos proxectos de centros de saúde, Esquerda Unida vén de denunciar o retraso e o recorte nestes centros aos que agora se unen as carencias estruturais e funcionais que dificultan a prestación dunha asistencia sanitaria de calidade, caiba destacar a existencia  de barreiras arquitectónicas por exemplo no centro de saúde de Panxón.

Por todo isto, Esquerda Unida, en defensa dun sistema sanitario público, universal e de calidade, esixe que se anule o contrato de revisión dos proxectos xa redactados dos centros de saúde nos que se vai a producir unha diminución das prestacións e se licite o contrato de obras para a súa construción.

 

 

Relacionados