Redución invitacións de protocolo

 

En Esquerda Unida – Os Verdes sospeitamos que parte de as persoas que acceden á devandita zona de protocolo o fan por invitación e sen desembolsar nin un euro, tal e como se desprende do acontecido no primeiro concerto da temporada do palacio da ópera.

 

O grupo municipal de EU-V presenta unha solicitude para que o Goberno municipal achegue unha listaxe das persoas que accederon de balde ao concerto do pasado 22 de outubro e o motivo de interese público que motivou a invitación.

 

Sería descorazoador para a meirande parte da cidadanía saber que o Concello ou algunha das institucións dependentes del podería estar dedicando parte dos impostos pagados polas familias traballadoras coruñesas para subvencionar a asistencia dos máis púidentes a actividades culturais como a ópera, contradicindo frontalmente a función social de redistribución da riqueza que a Constitución atribúe a todas as institucións.

 

Xa que logo, Esquerda Unida propón que o Concello reduza as invitacións de protocolo as imprescindíbeis.

 

Neste sentido o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “xa está ben que o concello utilice os cartos de todos e todas para manter privilexios a unha elite que ademais non ten problemas para costearse do seu peto as entradas porque teñen un elevado poder adquisitivo”.

 

César Santiso rematou indicando“admito que a corporación actual teña acceso, pero non así aos membros de antigas corporacións e outra serie de personaxes que xa non representan ningún interese público”.

Relacionados