Reforma da admon. local

EU presentou hoxe no rexistro do concello de Vigo unha proposta de moción denunciando o anteproxecto de reforma da Administración Local que o Consello de Ministros aprobou o pasado venres no Consello de Estado antes de que se inicie a súa tramitación parlamentaria.

O coordinador de Esquerda Unida en Vigo, Rubén Pérez considera unha proposta “profundamente recentralizadora, privatizadora e chea de medidas populistas como a dun suposto elevado aforro económico ou a dunha mellor distribución de competencias cando os seus fins últimos van doutra banda.

Para EU o Executivo do PP con escusas de estabilidade orzamentaria e sustentabilidade financeira, e deixando sempre ao carón responder á demanda efectiva dos servizos que fan os cidadáns, incide na privatización destes servizos públicos municipais. Agora poderase inhabilitar a determinados concellos para prestar servizos, os que non sexan obrigatorios, segundo o novo marco, suprimiranse e o resto serán prestados polas deputacións e coa posibilidade evidente de ser privatizados. O PP criminaliza ás corporacións locais coma se fosen os auténticos responsables da crise económica que o Goberno de Rajoy non soubo atallar. Para EU o malgasto económico non é tal. A débeda municipal apenas supón un 4% do conxunto das administracións. Ademais, hai que lembrar que de cada 100 euros, 13 gástanos os concellos, 37 as comunidades autónomas e 50 o Estado. Por tanto, os concellos seguen gastando preto da mesma cifra que gastaban cando empezou a transición

O que fai o PP é manter unha duplicidade de servizos nunhas deputacións obsoletas na que si existe ese mesmo clientelismo e enchufismo políticos que o PP di que pretende combater con esta reforma. Aí é onde está o problema de fondo. Do mesmo xeito, EU considera que de facto vaise liquidar a Mancomunidade de municipios de Vigo, que, se ben está sendo demolida pola actitude dos partidos presentes na mesma,  ten que ser o motor real de outras formas de organización supramunicipal como a área metropolitana.

Relacionados