Reforma da fonte de Catro Camiños

O grupo municipal de EU-V afirma que o goberno local adxudicou a dedo e cun prezo desorbitado a obra para a modernización da fonte de Catro Camiños a unha empresa pertencente ao grupo ACS de Florentino Pérez, que a súa vez pertence á suposta trama de financiamento ilegal do PP galego denunciada por Bárcenas. En 2014 o goberno municipal segue adxudicando obras por procedemento negociado, utilizando a rapidez na contratación como argumento para abusar desta práctica tan pouco ética, aínda que por procedemento aberto tería tardado un mes menos en contratar.

Esquerda Unida denuncia que o dedazo de Negreira fixo que a mera actualización interna da Fonte de Catro Camiños custe un 70% do que supuxo facela nova. Imesapi, do Grupo ACS, foi a única empresa que se presentou a o concurso. Algo que non é de estrañar pois semella moi complicado poder presentar en tan so 10 días a redacción dun proxecto e a proposta de execución de obra, senón se recibe a información de antemán. A oferta da empresa foi próxima aos 150.000 €, unha cantidade desorbitada para unha simple modernización dado que en 1963 a construción dende cero da emblemática fonte custara 209.000 € actuais.

En todo caso EU considera que as actuacións sobre actuacións emblemáticas, como a fonte de Catro Camiños, deberían realizarse mediante concurso de ideas para o deseño entre os técnicos e profesionais coruñeses e o posterior desenvolvemento das obras a través dun obradoiro de emprego municipal. Con este tipo de actuacións o Concello promovería a reactivación económica local e fomentaría a daría unha oportunidade aos profesionais coruñeses. Cabe recordar que a Fonte foi unha idea do profesor do centro de Someso, Emilio González, que o deseño correou a cargo da arquitecta coruñesa Milagros Rey (primeira arquitecta coruñesa, terceira galega e autora da Torre Efisa), a talla foi a cargo de canteiros locais e a instalación a cargo de alumnos do propio centro de FP de Someso.

O voceiro de EU-V, César Santiso, afirma que: “permisividade con Albada diante da descarada estafa social, dedazo coa fonte de Catro Camiños, Florentino Pérez e Negreira semellan tan amigos que seguro que o alcalde tivéralle regalado a copa ao Madrid no Centenariazo”.

Relacionados