Con estes mesmos resultados, pero cunha lei que non discrimine obrigando a alcanzar un arbitrario 5% dos votos para que as persoas que expresaron a súa vontade nas urnas “conten” a hora de designar concelleiros e concelleiras, Esquerda Unida estaría no concello de Santiago, representada por Xabier Ron.
O resultado, sen artimañas ideadas polo PP e PSOE para conseguir o ansiado bipartidismo, sería:
PP: 12 concelleiros/as
PSdG: 9 concelleiros/as
BNG: 3 concelleiros/as
ESQUERDA UNIDA: 1 CONCELLEIRO
Por todo isto, en primeiro lugar, EU Compostela ratifícase no seu compromiso de seguir traballando, como até o de agora, dende as rúas, cos veciños e veciñas, para acadar que a voz da esquerda Alternativa e Transformadora chegue a Raxoi.
Por último, se en verdade hai vontade de acadar una democracia real e plural, Esquerda Unida Compostela reclama una reforma da lei electoral que, como mínimo, suprima o inxusto e inxustificado solo do 5% para que a vontade da persoas expresada nas furnas sexa escoitada, propoñendo que como máximo se fixe no 3%.