Entendendo a independencia de que gozán as empresas privadas para elexir a que equipos ou clubes patrocinan, cremos imprescindible que unha empresa do calado de Reganosa ubicada en Mugardos teña unha maior implicación cos clubes e entidades da nosa localidade.
Como ben é sabido o movemento asociativo pasa por dificultades, hoxe en día moito maiores das que xa soportan habitualmente.Respetando o patrocinio que Reganosa lle faí ó Racing de Ferrol demandamos unha política de patrocinio máis activa para cos clubes, asociación e entidades ubicadas en Mugardos.
Unha política que fuxa das axudas a conta gotas previa petición para actividades concretas e que se reconvirta nunha política de apoio real e efectivo para a mellora da calidade dos nosos clubes, asociación e entidades.
Polo tanto, dentro do compromiso que lle solicitamos a Reganosa para coas entidades de Mugardos cremos que unha boa iniciativa sería que a empresa asinara un convenio co concello para patrocinar o deporte e as actividades culturais en Mugardos que son impulsadas polas nosas sociedades e polo tanto a reversión da aportación de Reganosa no propio movemento asociativo baixo paramentros de interés da actividade.
O GM de EU-IU presentará esta proposta na comisión informativa de cultura e deportes do concello de Mugardos para ver o apoio co que contaría dos diferentes grupos municipais.