Antes de culminar o proceso de venda a Administración Autonómica desenvolveu durante anos un proceso de rehabilitación dos edificios a enaxenar, proceso que non culminou, xa que quedou unha torre de vivendas sen rehabilitar.
Esquerda Unida saúda que a Xunta de Galicia inicie a reparación do edifico do Birloque aínda que o faga con catro meses de atraso do acordado, así o Instituto Galego de Vivenda comprometeuse a comezar as obras de reparación no mes de xullo, máis non será até decembro cando comecen as obras de rehabilitación en fachada e a cuberta, que durarán un máximo de catro meses. Neste momentos os traballos xa están adxudicados, polo que tan so faltan os últimos trámites como a revisión das licenzas.
O devandito edifico presenta graves problemas en cuberta onde se producen filtracións e, xa que logo, humidades que impiden á veciñanza facer obras de mellora no interior dos seus pisos. Asemade presenta graves deficiencias na fachada onde nalgúns puntos pódese observar a cara vista as varillas os ferros oxidados dos piares de formigón, tal é o punto de abandono do edificio que se desprenden cascotes que caen directamente na vía pública co consecuente risco para os viandantes.
Tivo que ser o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes quen fixese as xestións diante do Instituto Galego da Vivenda e Solo diante da negativa do goberno municipal, que rexeitou unha moción neste sentido no Pleno do 30 de marzo, na que se denunciaba a devandita situación, tal e como nos solicitou a veciñanza do Birloque nunha asemblea de barrio, indicando que esta situación ademais de perigosa e inxusta para os veciños e veciñas do edificio en cuestión pois teñen que adquirir unha vivenda en perores condicións que o resto que adquirirán as súas vivendas cos edificios en perfecto estado recen rehabilitados. A parte resolutiva da moción indicaba:
Primeiro. O Pleno do Concello da Coruña insta á Xunta de Galicia a que habilite o orzamento, defina e execute urxentemente o proxecto de rehabilitación do edificio situado na Praza Laxes de Orro nº 1, para que a veciñanza do mesmo adquira as súas vivendas nas debidas condicións de habitabilidade.
Segundo. Dar traslado do presente acordo a Xunta de Galicia e ao propio Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)
O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “por fin farase xustiza coa veciñanza do edificio de Laxes de Orro, era o único edificio sen reparar dos de protección oficial no Birloque e presentaba graves deficiencias”.