Rehabilitación obradoiros

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón convenios de colaboración entre propietarios de inmobles e concello para que a cambio da súa rehabilitación, os propietarios cedan vivendas para crear un parque municipal de aluguer social. A burbulla inmobiliaria e os desafiuzamentos non deixan de xerar inmobles baleiros para os que xa en máis dunha ocasión demandamos utilidade. A proposta agora anunciada se complementa co noutras medidas que serviría para paliar a situación de indefensión de aquelas persoas que non teñen onde vivir, como a  cesión de vivendas baleiras para que o concello xestione integramente o seu aluguer social, con total garantías de devolución da vivenda para os propietarios en igual o mellores condicións que cando as cederon, a cambio dun prezo xusto, ou o incremento do imposto do IBI para vivendas baleiras para fomentar o mercado de aluguer incrementando a demanda o que traerá consigo unha redución de prezos.

Esquerda Unida propón a creación de obradoiros de emprego municipais para a rehabilitación de edificios. Así, dende o concello se daría unha oportunidade a centos de desempregados coruñeses que, ademais de formarse en técnicas de rehabilitación poderán achegar cartos a súa economía familiar. Os obradoiros actuarían, non so sobre os convenios de rehabilitación, senón tamén para as actuacións de urxencia do concello, cando en vivendas en estado ruinoso os seus propietarios atópanse ilocalizables ou ben existen problemas de herdanza que impiden que se acometan as imprescindibles labores de rehabilitación. Así, en lugar de iniciar as reformas de seu a través dunha empresa privada para logo pasarlle a factura aos responsables, podería tentar facer desta necesidade unha iniciativa de obradoiros municipais.

O voceiro de EU-V, César Santiso, sinalou que “cos convenios de rehabilitación, o concello podería xerar emprego e especialización, mellorar as condicións de numerosos edificios que, unha vez rehabilitados, permitirían acoller un servizo social como contrapartida, a vivenda provisional de persoas en risco de vulnerabilidade”. A maiores, esa posta en valor permitiría ter máis recursos que ofrecer, mellorando as condicións e a habitabilidade de moitos barrios, permitindo tamén a integración de persoas en risco de exclusión social.

Relacionados