Rehabilitación Torre Birloque

 

Antes de culminar o proceso de venda a Administración Autonómica desenvolveu durante anos un proceso de rehabilitación dos edificios a enaxenar, proceso que non culminou, xa que tan so unha das torres de vivendas situadas na praza non foi rehabilitada.

 

Esquerda unida esixe que a xunta actúe urxentemente nun edifico de protección pública que leva anos pendente de rehabilitar. O devandito edifico ten graves problemas en cuberta onde se producen filtracións e, xa que logo, humidades que impiden á veciñanza facer obras de mellora no interior dos seus pisos. Asemade presenta graves deficiencias na fachada onde nalgúns puntos pódese observar a cara vista as varillas os ferros oxidados dos piares de formigón, tal é o punto de abandono do edificio que se desprenden cascotes que caen directamente na vía pública co consecuente risco para os viandantes.

 

Esta situación ademais de perigosa e inxusta para os veciños e veciñas do edificio en cuestión pois teñen que adquirir unha vivenda en perores condicións que o resto que adquirirán as súas vivendas cos edificios en perfecto estado recen rehabilitados.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lamenta que o Goberno non se comprometa coa veciñanza e se negase a debater a nosa moción para instar a Xunta a cumprir os seus compromisos e rehabilitar a Torre do Birloque que se atopa num estado lamentábel, concretamente a moción na súa parte resolutiva dicía:

Primeiro. O Pleno do Concello da Coruña insta á Xunta de Galicia a que habilite o orzamento, defina e execute urxentemente o proxecto de rehabilitación do edificio situado na Praza Laxes de Orro nº 1, para que a veciñanza do mesmo adquira as súas vivendas nas debidas condicións de habitabilidade.

Segundo. Dar traslado do presente acordo a Xunta de Galicia e ao propio Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS)

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “constitúe unha inxustiza que a xunta rehabilite todos os edificios de protección pública do Birloque a excepción da torre da praza Laxes de Orro. Diante da inacción manifesta do Goberno municipal, actuaremos en defensa da veciñanza”.

Relacionados