O Grupo Municipal de EU mantivo un encontro de traballo coa asociación veciñal do Pilar para estudar os problemas e necesidades do barrio. Yolanda Díaz encabezou unha ampla delegación de EU que acudiu a un barrio da meirande importancia para nós, barrio que é un dos barrios máis característicos da cidade.
Yolanda Díaz salientou a importancia da creación da empresa municipal de vivenda para dirixir o proceso de rehabilitación do barrio, clave para dotar ás vivendas e aos seus moradores das condicións de habitabilidade axeitadas aos tempos actuais.
Necesitamos dunha triple coordinación e colaboración para garantir o financiamento dun proxecto rehabilitador ambicioso: ministerio de vivenda, consellaría e concello para unha arela posible e necesario, mellorar cualitativamente o barrio de Recimil. Nese senso Yolanda Díaz xa pediu unha entrevista con Rey Pichel, responsable de patrimonio cultural da Xunta de Galicia.
Esquerda Unida compromete o seu traballo e vontade para, de termos a forza necesaria, acometer neste vindeiro mandato o comezo da rehabilitación do barrio