Reivincación de Ríos Limpos

As depuradoras parecen construidas coa simple intención de aproveitar a dispoñibilidade de fondos, sen ningunha previsión ou planificación. Dado o seu elevado consumo enerxético, neste momento case ningún pequeno concello pode permitirse o custo de mantemento destes sistemas de depuración, polo que resultan totalmente inadecuados. Esquerda Unida ten insistido na viabilidade dos sistemas de depuración natural  (filtros verdes, lagunaxe, etc..) moito máis baratos e apropiados para os pequenos nucleos rurais.

Visitamos a depuradora de Pereiro de Aguiar, que tuvo un custo superior aos 2 millóns de euros e debería tratar as augas residuais do núcleo urbano e o Polígono industrial, pero leva paralizada 5 anos, deteriorándose,  porque non ten xestionada a autorización para verter a auga depurada ao río.

Tamén visitamos o punto de vertido do centro penitenciario de Pereiro, que depois de varias denuncias de Ríos Limpos, e algunha multa (70 €!!) da CHMS, segue a verter augas residuais sen tratamento adecuado ao Grañal, que vai dar ao embalse de Cachamuiña, utilizado ata fai pouco tempo para o abastecemento de Ourense. Finalmente a Plataforma volveu insistir no lamentable estado deste embalse, que tardará moito tempo en recuperar a normalidade e abastecer de auga potable á cidade.

Relacionados