Relación de Postos de Traballo

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrará unha batería de preguntas plenarias para coñecer os motivos polos que o goberno local modificou a RPT de costas aos representantes dos traballadores. A lexislación obriga a que todas as modificacións da RPT teñen que pasar por mesa de negociación e o PP, tal e como denuncian as centrais sindicais, non o fixo o que é ilegal.

Esquerda Unida denuncia que o goberno municipal logo de dous anos amosase incapaz de desenvolver as reformas necesarias no Concello para ofrecer máis e mellores servizos á cidadanía, EU coincide coa representación sindical en que a modificación na RPT, que non deixa de ser a legalización de todos os cambios feitos irregularmente nos dous últimos anos, nin mellora a calidade dos servizos municipais, nin aforrara cartos ao ente local. Mais ben todo o contrario, pois redúcense postos en urbanismo e infraestruturas ao tempo que se están a facer múltiples contratacións externas, como o contrato de 1,6 millóns de euros para mellorar a eficiencia enerxéticas dos edificios municipais apesares de que a lei indica que deben desenvolver con recursos propios.

Tamén resulta grave que se faga unha reorganización dos servizos sociais de costas aos profesionais, como denuncian os sindicatos, cato o concelleiro en sede plenaria afirmaba que os cambios relacionados coa centralización dos servizos sociais facíanse de acordo á petición dos técnicos.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o goberno é incapaz de dialogar con ningún dos catro sindicatos do concello nin con ningunha das tres forzas da oposición está claro, semella claro quen está a actuar de maneira sectaria”.

César Santiso, que brindou todo o apoio e solidariedade do grupo municipal de EU-V, coa representación sindical e, xa que logo, con todos os traballadores e traballadoras, subliñou que “o PP chegou ao concello sen ter nin idea de como xestionar un ente local, así non é de estrañar a súa parálise e incapacidade. O PP está a reproducir a nefasta xestión de persoal do PSOE, o que amosa unha vez máis as coincidencias do bipartidismos sistémico, máis preocupado de colocar aos seus que de servir a cidadanía”.

Relacionados