Alternativa Galega de Esquerda pediu a Xunta de Galicia que entregue á Cámara no prazo dun mes a relación completa de propiedades a nome da Igrexa Católica que constan en Galicia así como a iniciar os trámites necesarios para reclamar todas aquelas propiedades do pobo galego que indebidamente consten inscritas a nome da Igrexa Católica e proceder a aplicar os tributos autonómicos sobre patrimonio a todas as propiedades da Igrexa Católica na Galiza.
A reforma de la Lei Hipotecaria en 1998 durante o goberno Aznar permitiu á Igrexa, e só á Igrexa, inscribir lugares de culto e outras propiedades que no estiveran existradas. Neste proceso, a Igrexa rexistrou ao seu nome 4.500 propiedades, algunhas tan notables como a Mesquita de Córdoba, rexistrada a nome do Bispado tres anos antes (el 2 de marzo de 2006), acto que lle custou 30 euros. Se goberno Aznar liberalizou o solo, e lle concedeu á Igrexa católica unha abertura legal que lle permitiu facerse con templos, ermidas, casas parroquiais, cemiterios e fincas de todo tipo, algunhas delas as vendeu con posterioridade ao seu rexistro o que lle permitiu obter as correspondentes plusvalías, por unha cantidade descoñecida porque nin sequera teñen obriga de render contas neste asunto. Este proceso non é compatible cos principios constitucionais de igualdade relixiosa, neutralidade e separación entre Igrexa e Estado.
Na Galiza hai 3.792 parroquias, ademais de mosteiros, conventos, ermidas, reitorais e
outros inmobles relixiosos que no seu interior conteñen pezas con valor artístico susceptibles de ser roubadas. Segundo a Fiscalía Superior de Galicia, “entre o 70 por cento e o 80 por cento de todo o patrimonio histórico e artístico galego coñecido” é de carácter relixioso, e boa parte destes bens culturais están expostos ao deterioro e ao furto fácil en templos sen máis medios de protección que o propio coidado de algúns fieis e o cura.
Por todo o exposto, AGE presentou esta proposición non de lei na que se insta á Xunta de Galicia a presentar a información relativa as propiedades da Igrexa Católica no noso país, así como a proceder a devolución as que consten inscritas de xeito indebido e proceder a aplicar as tributos autonómicos sobre patrimonio a todas as súas propiedades.
O Partido Popular unha vez máis rexeitou esta proposta de AGE colocándose do lado da Igrexa Católica en lugar de defender os intereses de todos os galegos e galegas botando man dunha suposta falla de competencias que tal e como denunciou o deputado de AGE, Xabier Ron, o único que tenta e agochar as verdadeiras preferencias do Partido Popular.