A esquerda con forza, de Eva Solla, será a candidatura de Esquerda Unida para a presidencia da Xunta de Galicia.
O proceso de eleccións primarias de Esquerda Unida aberto no mes de setembro, remata a 1ª fase e dará paso en novembro á elección das candidatas e candidatos provinciais no marco das eleccións autonómicas de 2020.
A coordinadora electoral de Esquerda Unida no relativo ao proceso de primarias á presidencia da Xunta, traslada que transcorridos os prazos e tras terse presentado unha soa candidatura en tempo e forma segundo o regulamento aprobado, a candidatura de Eva Solla, A esquerda con forza, pasará a ser ratificada polo máximo órgano de dirección de Esquerda Unida.
Remata pois a primeira fase do proceso de primarias de Esquerda Unida cara as eleccións autonómicas 2020, que dará paso xa no mes de novembro, á 2ª fase na que se elixirán ás persoas que Esquerda Unida postulará dende as catro provincias para concorrer ás eleccións autonómicas do 2020.
Esta 2ª fase dará comezo o 22 de novembro coa proclamación das precandidaturas provinciais nas que se elixirán 4 persoas por provincia.