Remodelación fonte catro camiños

Esquerda unida considera a remodelación da fonte de catro camiños como outra oportunidade perdida para promover o emprego local. En EU apostamos por utilizar obradoiros de emprego municipais como formula para rehabilitar elementos emblemáticos de propiedade municipal, desta maneira non so se capacitaría a coruñeses e coruñesas desempregadas, senón que se lles permitiría axudar ás castigadas economías familiares, que disporían de máis recursos, incentivando así o consumo interno, permitindo pechar o ciclo económico e axudar a reactivar a economía local.

Neste sentido cabe recordar que a fonte de Catro Camiños, creouse mediante iniciativas locais fai medio século, a fonte foi unha idea do profesor do centro de Someso, Emilio González e se executo por coruñeses o deseño correou a cargo da primeira arquitecta coruñesa Milagros Rey, a talla foi a cargo de canteiros locais e a instalación a cargo de alumnos do propio centro de FP.

O grupo municipal de EU-V afirma que o goberno local adxudicou a dedo por un prezo desorbitado a redacción do proxecto e exección da obra a Imesapi empresa pertencente a ACS de Florentino Pérez, grupo empresarial implicado na suposta trama de financiamento ilegal do PP galego. Así o goberno municipal en lugar de procurar investimento social, prefire contratar a grandes empresas a través do pouco ético  procedemento negociado cando a propia lexislación establece a excepcionalidade deste tipo de procedemento de contratación porque supón grandes limitacións aos principios de publicidade e concorrencia polo que so está xustificado cando a licitación resulte inconveniente ou infactible, situación que soamente se da en contadas ocasións. Aquí temos un claro exemplo pois so a empresa gañadora presentouse ao concurso, algo que non é de estrañar pois semella moi complicado poder presentarse a un concurso que esixe a redacción dun proxecto e proposta de execución de obra en tan so 10 días, senón se recibe a información de antemán. Esta é unha nova demostración de que o procedemento negociado limita a concorrencia empresarial, impedindo ao concello acadar ofertas máis beneficiosas para os intereses municipais.

O goberno local utiliza o argumento da rapidez na contratación para utilizar esta práctica, mais a realidade amosa que o proceso tardou catro meses (a obra licitouse o 30 de abril pero non se adxudicou até o 28 de agosto). Cando diversos estudos de universidades demostran que a duración media dunha contratación por procedemento aberto non debe superar os tres meses si se actúa con dilixencia.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “si EU gobernase, daría unha oportunidade aos coruñeses desempregados a través dos obradoiros de emprego en lugar de contratar a empresas por procedemento negociado como fai o PP”.

Relacionados