Remunicipalización de ORA e grúa

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes alerta de que o Concello terá que facerse cargo de preto de medio millón de euros das perdas da durante o 2013 da concesionaria, inmersa no caso de corrupción Pokemon. Non ten sentido que un servizo de índole recadatario sexa deficitario cando ademais non resolve os problemas de mobilidade e aparcamento para os que foi creado. En lugar de nutrir de cartos as arcas municipais para investir en creación de emprego e servizos sociais, os coruñeses e coruñesas estamos pagando uns 1300 € mensuais para cubrir o déficit do servizo. Isto se debe a que o PSOE contratou unhas condicións tremendamente lesivas para os intereses municipais, motivo que leva á xuíza De Lara a investigar o contrato dentro do caso Pokemon. Pois a empresa Grupo Europeo de Servicios Doal, S.A., que con estas condicións fai un negocio redondo apesares de facer unha xestión ruinosa do servizo, pertence ao grupo Vendex. Especialmente indignante supón o feito de que a empresa reciba, a maiores, un 5% de premio por incentivo que até outubro de 2013 ascendeu a 9.263 € procedente dos meses que obtén beneficios, apesares que no computo anual até o mes de outubro presenta perdas por valor de 411.456 euros debido a que os gastos de xestión ascenderon a 3.188.068 € mentres que os ingresos nese período foron de 2.777.152 €.

Esquerda Unida propón a remunicipalización do servizo de grúa e ORA para o 2015 cando finalice o actual contrato. Aforraríanse moitos cartos e gañaríase en eficacia si o servizo fora xestionado directamente polo Concello xa que parte do traballo podería ser efectuado e/o coordinado pola policía local, eliminaríanse os salarios dos directivos, os custes de inmobilizado e mesmo os de IVE que no 2013 alcanzan os 614 mil euros. Máis está claro que o bipartidismo sempre se pon do lado das empresas piratas do público, primeiro o PSOE o externalizou cun contrato numantino para os intereses da Coruña e agora o PP mantén o mesmo réxime, rexeitando as diversas iniciativas que EU presentou, como unha moción para crear unha comisión de investigación, ou unha pregunta oral para que o concello desenvolvese unha auditoría, porque non ten sentido que un servizo recadador presente semellantes perdidas. Outra vez máis observamos como ambos partidos defenden intereses comúns, os dos poderosos.

Esta concesión obriga á veciñanza a facer fronte a un repago, primeiro cando facemos uso do servizo, despois cubrindo as perdas declaradas pola empresa. Apesares de non ofrecernos ningunha prestación valorable, pois non se amosa efectivo para regular tempos de aparcamento nin para loitar contra a dobre fila o servizo custa aos coruñeses e coruñesas preto de catro millóns de euros anuais, entre os pagos dos usuarios do servizo e as compensacións á concesionaria polo déficit do servizo.

Incluíndo o 2013 e dende que en 2008 comezou a funcionar este contrato, en lugar de incrementarse as arcas municipais, A Coruña foi saqueada pola concesionaria que recibiu uns 3,3 millóns para equilibrar as súas contas”.

Chegou o momento de que o Goberno municipal asuma a súa responsabilidade e actúe para evitar esta situación. O Concello ten a obriga de aforrar cartos e mellorar a calidade dos servizos á cidadanía, empecemos por recuperar servizos de doada xestión e alta rendibilidade como a retirada de vehículos e vixilancia de estacionamento.

César Santiso indicou que “cos cartos que Negreira entrega a Vendex para equilibrar as súas contas no 2013, o Concello podería xerar 60 postos de traballo a través dun obradoiro de emprego municipal.

Finalmente, Santiso afirmou que Si o PP non o fai, EU comprometese a xestionar publicamente o servizo, por iso lle pido ao Sr. Negreira que si ten dignidade e realmente preocúpanlle os intereses da Coruña, non comprometa a cidade cun novo contrato no 2015 cando remate o actual, senón que deixe a decisión para a nova corporación que saia das urnas en maio de 2015”.

Relacionados