Remunicipalización

Ferrol 2 de xullo de 2014.-O autobombo do PP non ten límites en canto a anunciar a baixada de impostos para crear o que el denomina “novas oportunidades urbanísticas” e , co mesmo descaro, proceder a aplicar unha suba da taxa de saneamento de maneira extraordinaria e urxente.

O grupo municipal de Esquerda Unida xa denunciou no seu momento tanto o último convenio asinado polo goberno local coa Xunta (que repercute o conxunto dos custes directos e indirectos da explotación do saneamento vía tarifa ao concello e estes, de rebote, á cidadanía)como a encomenda de xestión a Emafesa. Pretenden extender o “modelo Urbaser “ ao conxunto do ciclo da auga. Esquerda Unida estivo e estará sempre en contra que a veciñanza teña que asumir os custes máis os beneficios ocultos da parte privada que xestiona a empresa ,formalmente de capital público . O cálculo da taxa non é máis que o resultado deste deseño que inclúe o acordo tácito para que ocorran cousas como que os beneficios resultantes da venda de auga a concellos limítrofes se malgasten en mantemento contratado a filiais de Urbaser até o límite de xerar perdas continuadas na empresa pública que ,ano a ano, pagamos toda a veciñanza con cartos de todos para contribuír a esa entelequia chamada equilibrio de contas. Seguindo este modelo termos(xa comezou,desde o 2012) unha permanente suba da taxa de saneamento (60% en dous anos) até chegar aos 130 € previstos para o 2016 desde os 37 de hai dous anos.

Relacionados