Renovación Consello Comarcal

Neste Asemblea Comarcal de EU tomou a palabra en primeiro lugar o novo secretario de organización de Esquerda Unida, Rubén Pérez, para indicar a nova composición da executiva da nosa organización encabezada pola coordinadora Yolanda Díaz.

Tamén expuxo os obxectivos organizativos que terá esta nova executiva, e recalcou o total apoio de Esquerda Unida a consolidar o proxecto de loita anticapitalista que supón AGE.

A continuación, sendo aprobado por maioría, presentou o coordinador saínte, Xabier Ron, o seu informe de xestión.

Por último presentouse a lista que se sometería a votación, e que foi refrendada por maioría absoluta, que consta de sete persoas, as compañeiras Sara García, María Rozas e Patricia Pérez e os compañeiros Xabier Ron, José María Tubío, Noel Dopazo e Vicente Vázquez.

Este novo Consello Comarcal escolleu como novo coordinador comarcal a Vicente Vázquez.

O novo consello comarcal seguirá coa política de seguemento permanente da política municipal e para introducir, como interruptor, no discurso dominante unha praxe de esquerdas, transformadora, alternativa e anticapitalista, que se preocupe realmente das persoas, poñéndoas por riba dos intereses especuladores, mercantís e económicos, sobre todo neste tempo de crise, onde debemos defender todas e cada una das conquistas sociais que nos están a roubar.

Relacionados