Renuncia á dieta do Pleno

 

Esquerda Unida renuncia expresamente ás dietas correspondentes pola asistencia ao Pleno Extraordinario do pasado venres, convocado de urxencia con un único punto na orde do día: “compromiso de acordar co Ministerio de Facenda e Administracións Públicas un Plan de Axuste que garanta o cumprimento dos obxectivos de estabilidade presupostaria e de débeda pública.

 

César Santiso indicou que “como non podía ser doutra maneira recollemos o guante lanzado polo alcalde anunciando a renuncia do grupo municipal do PP a cobrar as dietas por asistencia ao Peno Extraordinario, mais lembro que a meirande parte dos concelleiros do PP teñen dedicación, polo que non cobran dietas por participar nos plenos, así pois o anuncio do alcalde non deixa de ser un mero brinde ao sol para agachar a chapuza e malgasto de convocar dous plenos en días consecutivos”, porque o custe de organizar un pleno vai moito máis aló do pagamento de dietas aos concelleiros que non teñen dedicación, senón que tamén hai que valorar os gastos materias derivados da gravación de vídeo e audio, así como os custes humanos relacionados coa organización e desenvolvemento do pleno por parte dos empregados públicos que poderían dedicar o seu tempo a desenvolver outros servizos á cidadanía.

 

Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes a verdadeira austeridade pasa pola redución nun 25% dos emolumentos dos cargos públicos e persoal de confianza, tal e como vimos propoñendo dende que chegamos a María Pita, porque nestes tempos de fonda crise económica e sufrimento das familias traballadoras, son precisamente os cargos públicos os primeiros que deben dar exemplo.

 

Así cando dimos conta dos ingresos obtidos durante o ano 2011, 5580 € por asistencias a 10 Plenos e 11 Comisións a razón de 360 € e 180 € respectivamente, anunciamos a doazón dun 25% destes emolumentos recibidos (1395 €) en un acto de coherencia, ao igual que a renuncia expresa á dedicación que correspondía como voceiro do grupo municipal, coa nosa proposta que caeu en oídos xordos por parte do resto da corporación, “porque cumprimos co que dicimos, a diferenza doutros que falan de auteridade so de modo demagóxico e populista. Por exemplo cando anunciaron a bombo e prato a eliminación dos seguros médicos privados, algo ao que foi o primeiro que fixo EU-V o día que chegamos María Pita negándonos a asinar dito contrato e rexeitando a utilización por parte dos cargos públicos de prevendas e servizos privados. E falo de hipocrisía porque logo dunha pregunta do noso grupo municipal en relación aos concelleiros que se beneficiaban destes seguros privados na anterior coorparación a resposta do goberno municipal non deixa lugar a dúbidas. TODOS os concelleiros da anterior corporación, sen excepción algunha, tiñan cobertura dos seguros e non consta que antes do mandato actual, ningún membro da corporación renunciou expresamente ou devolvera a tarxeta sanitaria.

 

Relacionados