Reparación do tranvía

EU sempre defendeu que o servizo do tranvía turístico era deficitario e non producía retorno económico nin supoñía un reclamo turístico digno de subliñar, xa que logo apostábamos por transformar este deliro de grandeza do exalcalde Paco Vázquez nunha liña eficiente de transporte público que permitise conectar a cidade pola zona costeira, onde apenas existe transporte público colectivo, en base a reutilizar a meirande parte da infraestrutura existente.

Esquerda Unida considera un despropósito que o goberno municipal malgaste 500.000 € na reparación do tranvía. Unha reparación que so servirá para poñer en funcionamento a metade a liña existente, a que transcorre entre a Torre de Hércules e o colexio as Escravas, porque segundo estimacións do propio goberno local a reparación da vía entre Porta Real e a Torre suporía tirar ao lixo 2,6 millóns de euros.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os verdes denuncia que o concello nunca recuperará os cartos gastados para arranxar as vías, senón que o tranvía turístico custará máis cartos aos coruñeses pois é deficitario. Efectivamente si o mero mantemento do servizo tiña un elevado custe para as arcas municipais, a reparación das vías e nova posta en funcionamento deste servicio supón un auténtico insulto aos coruñeses e coruñesas que están a sufrir para chegar a fin de mes que observan como o PP lles incrementa a carga fiscal, mentres permítese o luxo de dilapidar os cartos públicos nesta sen razón.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “se o goberno local escoitase á veciñanza investiría o medio millón de euros en crear unha rede de comedores sociais ou en construír unha escola infantil, mais se ten obsesión por investilos na concellería de mobilidade podería transformar a liña turística que é inútil deficitaria e ineficiente, nun transporte público colectivo de calidade que permita conectar dos vértices da cidade de maneira eficaz, rápida e cómoda reutilizando a meirande parte das actuais instalacións

 

Relacionados