O reparto de volantinas explicativas da situación da empresa: pretensión dunha suba desproporcionada, bloqueo das contas, perdas a repercutir sobre os bolsillos da nosa cidadanía e un endémico conflito sen resolver coa plantilla de traballadores e traballadoras son algunhas das razóns que militan a prol da recuperación polo concello da concesión. Nas rúas e coa veciñanza, EU vai seguir a campaña explicativa e de mobilización social a prol do público.