Representación Parlamento galego

 

Esquerda Unida considera que os resultados coalición EU-V amosan con claridade que a provincia da Coruña estará representada pola esquerda real no Parlamento galego. Así, a provincia coruñesa acadou unha media próxima ao 5% e superior á galega. 

 

O consello comarcal de Esquerda Unida subliña a liña ascendente da organización na bisbarra coruñesa que acada unha media do 6,5% de apoios dous puntos por riba da media provincial. Nova que amosa a satisfacción do consello comarcal coruñés que valora os resultados obtidos como moi favorábeis e avala a decisión de ampliar a acción política da organización ao resto de concellos da comarcal onde non existen asembleas locais, como Arteixo ou Culleredo onde se acado o 5,65%.

 

César Santiso indicou que “a cidadanía está a valorar moi positivamente a responsabilidade, ética e coherencia do traballo institucional desenvolvido nos concellos con representación como Cambre o A Coruña, localidades onde acadamos o 7% dos votos emitidos”, media superior en máis de punto e medio a dos municipios da comarca que non teñen representación, que acadaron un 5,29%, resultando que aínda así supera a media provincial e nacional.

 

Santiso comentou que EU-V duplicou o número de apoios a nivel estatal, e os triplicou a nivel galego, cuadriplicando incluso nalgúns municipios. “Obter 1.680.810 votos e grupo parlamentar de 11 deputados cunha lei electoral inxusta e democraticamente deficitaria é unha proeza. Máis o noso sentimento é agridoce pois a ampla maioría absoluta acadada polo PP significa que o Goberno de España profundará nas políticas neoliberais que nos meteron nesta crise e aplicará moitos recortes socias contra as familias traballadoras. Por iso adiantamos que EU-V traballará arreo tanto nas institución como na rúa, promovendo a mobilización da cidadanía, para evitar que se sigan a recortar os dereitos da maioría social”. 

 

Relacionados