Represión do PP

Hoxe, tal e como nos informou un compañeiro de EU que asistiu a inauguración dunha praza dedicada a Uruguai, coa presenza do presidente Mújica e de Feijoo, unha foi muller foi retida pola policía mentres exercía o seu dereito á protestar cos outras persoas estafadas con preferentes.

Esiximos que o Partido Popular non converta a cidade nun estado policial co fin de amedrentar á cidadanía e dificultar o dereito a manifestarse, e se dean as pertinentes explicacións que levaron a deter á muller que defendía os seus dereitos despois de ser vítima da estafa das preferentes e o roubo que supón a quita.

Tamén queremos criticar, tal e como nos manifestou o compañeiro de EU asistente a este acto, a lamentable actitude do delegado do goberno, Samuel Juárez, dado que cando o noso compañeiro lle pediu as debidas explicacións ante a detención desta muller, obtivo como resposta aseveracións irrespectuosas por parte deste cargo público.

Non é a primeira vez que, ante o medo pola mobilización cidadá, o PP intenta dificultar o dereito a manifestarse, en primeiro lugar recordar a ordenanza aprobada polo equipo de Currás co que pretende privatizar as rúas da cidade.

Con maior claridade se mostra esta intención de dificultar o dereito a manifestarse nas actuacións levadas a cabo, por exemplo, en xaneiro cando non se facilitou o enganche á electricidade nunha a manifestación de persoas estafadas con preferentes, ou cando na manifestación de Queremos Galego non se permitiu a instalación dun palco.

Sen ir tan lonxe, este domingo 2 de xuño, tal e como denunciaron os convocantes da manifestación contra a minaría salvaxe, o Concello, a través de Juan de la Fuente, indicou que non se permitía o enganche á electricidade necesario, por exemplo, para megafonía.

Por último dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela reiteramos o noso apoio ás persoas estafadas con preferentes e roubadas coa quita na súa loita por defender os seus dereitos.

Relacionados