Repulsa ao asasinato Machista

Esquerda Unida, unha vez máis, manifesta a súa condena máis rotunda á violencia machista, que cobrouse unha nova vítima en ourense. con esta morte elévanse a 11 mulleres asasinadas en españa no que vai de ano.

dende esquerda unida reclamamos que dende os poderes públicos se loite contra esta lacra social de maneira prioritaria. as medidas de protección non son suficientes. todas as administración públicas deben levar a cabo programas educativos e campañas de sensibilización para educar en igualdade.

“Cómpre investigar o sucedido e as razóns de que non funcionaran as medidas cautelares de protección a unha víctima de violencia machista. son necesarias medidas específicas e especiais que proporcionen ás mulleres elementos de prevención e de protección reais”, manifesta maría rozas, responsable da secretaría de igualdade de esquerda unida.

dende esquerda unida manifestamos a nosa solidariedade coa familia e amizades da muller asasinada e animamos ao conxunto da sociedade a participar nas mobilizacións convocadas en repulsa a este novo caso de violencia machista.

Concentracións convocadas para o sábado 9 de maio:

– santiago de compostela, ás 20:00 na porta do camiño.

–  a coruña, ás 20:00 no obeliso.

–  ferrolterra, ás 20:00 diante da casa do concello.

–  vigo, ás 20:00 no marco.

– ourense, ás 20:00 diante da subdelegación do goberno.

– pontevedra, ás 20:00 na praza 8 de marzo

Relacionados